Boto En Falta Unha Ilusión

Sés

Compositor: Sés Maria Xosé Silvar

Boto en falta unha ilusión
Que me reconvirta en min
Que, sen querer, me perdín
Pensando que me salvaba
Boto en falta a quen amaba
E aquel tempo que soñei
Estando esperta e pensei
Que de ti me alimentaba.

Boto en falta a túa voz
A túa cara e a alegría
As horas devaluadas
E até a túa covardía
E non son quen de lembrar
As navallas e as mentiras
E non se asenta o rancor
E de min non te retiras.

Hoxe xa non hai dor
Xa non choro berrando
Mais hai medo de sentir
E de non voltar sorrir
E de seguirte esperando

Hoxe xa non hai dor
Non hai sangue brotando
Mais hai medo de sentir
E de non voltar sorrir
E de seguirte esperando

A tristura xa marchou
Colonízame a desgana
Eu que tiña fe pagana
En ser fénix e voar
E coa forza do espertar
Abrazar o vitalismo
Espertei no mesmo abismo
Máis valera non soñar.

Se por volverte bicar
Sucumbise aos meus instintos
Se de todos os delitos
Cometese o de voltar
A fatiga e o penar
Sufriría resignada
Porque vivo condenada
A non poderte olvidar.

©2003- 2024 lyrics.com.br · Aviso Legal · Política de Privacidade · Fale Conosco desenvolvido por Studio Sol Comunicação Digital